Lestrove: boa música e boas festas

0
431

dodro-lestrove-2009-cartelA localidade de Lestrove, pertencente ao concello de Dodro, celebra as súas festas durante tres días cun cartel máis que bo para os tempos que corren. Algunhas orquestras moi coñecidas estarán presentes na vila, que durante as próximas xornadas vestirá as mellores galas.

SINTONÍA DE VIGO e JERUSALÉN son as orquestras encargadas de abrir as celebracións o vindeiro domingo, aínda que oficialmente as festas comezan o sábado co espectáculo de EL TOMASÓN, unha escola de baile fundada polo cubano asentado en Ribeira Orlando González Cruz. Esta escola de baile funciona desde 2002.

O luns é a vez para outras dúas orquestras: SUAVECITO e LA BÁMBOLA. A primeira delas, ademais, acaba de estrear CD co título Mentalízate. É unha boa ocasión para velos en directo.

O martes rematan as festas da man doutras dúas boas orquestras como son a PHILADELPHIA e a GRAN PARADA, veciña esta última do concello de Rianxo.

Con este cartel a festa está garantida e ademais a variedade das orquestras asegura poder escoitar en Lestrove todos os estilos de música.

Cómo chove miudiño,

cómo miudiño chove;

cómo chove miudiño

pola banda de Laíño,

pola banda de Lestrove.

Rosalía de Castro. 1837 – 1885

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*