A orquestra Olympus presenta o seu parque móbil para 2011
A dianteira de Olympus posa para unha completa galería de fotos baixo o título O inverno de Olympus
A orquestra OLYMPUS xa está metida de cheo nas actuacións de inverno, antesala do que será o forte da xira 2011 Aún más grande. A formación musical de Negreira ten preparadas moitas novidades para este ano facendo gala do nome co que se bautizou o novo tour.
A primeira, as novas compoñentes, que fan que a OLYMPUS pase a ter de novo dúas vocalistas. Na etapa anterior da orquestra eran dúas as cantantes que integraban a banda e co cambio de rumbo, e tamén coincidindo co boom de OLYMPUS, a orquestra pasou a ter unha única cantante ata este ano. Mar e Jessica pasan a formar parte da dianteira da formación musical.
A segunda: OLYMPUS presenta o parque móbil da nova xira e engade un tráiler máis, o que implica que a montaxe preparada para 2011 é moito máis sofisticada que ata agora.
A terceira: OLYMPUS presenta unha galería de fotos da súa dianteira que se pode visitar na páxina web (en Festa a Festa poñemos como mostra dúas das moitas e variadas instantáneas de Peke, Danni, Rodo, Jessica, Mar e Somoza).
E aínda haberá máis novidades que iremos desvelando pouco a pouco e que farán de OLYMPUS unha orquestra aínda máis grande.
ola engaden un trailer mais ou un camion mais? porque os 3 primeiros empezand pola esquerda son rtailers pero o cuarto e camion…
Engaden un tráiler, o camión xa o tiñan destes últimos anos. Un saúdo!!!
Peke, rodo, somoza, mar, jessica e lucky???? Non será Danni??? jajajaaj
Moi bo artigo.
Ola Marta. Moitas gracias pola corrección, é o costume de todos estes anos, jajaja. Un saúdo e xa está reparado.