Os Milagres de Amil con música de verbena

0
242

Moraña - Milagres de Amil 2010

No concello pontevedrés de Moraña tamén celebran os Milagres. Na capela de Amil congréganse cada ano por estas datas miles de fieis e tamén de festeiros que buscan unha noite de verbena para pasalo ben e botar uns bailes. A oferta é bastante completa, con música variada de grupos e orquestras, e tamén nun posto destacado a música de banda.

Esta fin de semana e a que vén hai varias citas coa festa en Amil. Hoxe a orquestra SUPERFAMA e o grupo AMÉRICA SL co seu particular repertorio musical, que quere ofrecer algo máis que a típica música de baile, amenizarán a verbena. Mañá serán as orquestras PRINCIPAL e RITMO JOVEN. Xa para o sábado da seguinte semana serán outros tres grupos os que poñan a música de verbena.

E en canto ás bandas de música que ofrecerán os seus repertorios en distintos días de festa, serán dúas: as bandas NOVA LIRA de Moraña e UNIÓN de Lantaño actuarán mañá sábado e o domingo 19 a da casa (NOVA LIRA), e UNIÓN de Lantaño este domingo día 12.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*