Hoxe é o día, na carballeira de Barrantes, en Ribadumia. Ademais de daren comezo as festas da exaltación do Viño Tinto do Salnés, cun cartel completísimo como vén sendo habitual ano tras ano, tamén será a presentación oficial dunha nova orquestra, ou formación musical ou, se queremos, un novo concepto de ofrecer espectáculo nunha festa: KUBO.

KUBO 2017 - orquesta - cartel

Detrás do novo nome, que dará moito que falar, hai un proxecto diferente a todo o que temos visto ata hoxe, nun espectacular escenario de grandes dimensións e, o máis importante, uns profesionais de primeira liña cunha traxectoria acreditada.

Nas filas de KUBO poderemos gozar co bo facer de Danny Lamas, mítico compoñente de OLYMPUS; Ángel Montero, coñecido pola súa última estadía na orquestra TELEVISIÓN e todo un showman; Cristie Sánchez, outra ex de OLYMPUS e coñecida polo seu paso por OT; Antonio Barros, voz e actual concursante de Recantos de Luar; Gise Menéndez, voz e violinista, procedente de XACOBEO; unha voz que vén desde Castellón, Salomé Martínez; outra voz e música, Carolina Agusto; outra voz e músico, a cargo dos teclados, Tony Vázquez, procedente do grupo LIMÓN; Borja Iglesias, guitarra; Suso Ferreirós, baixo, Jacobo García e Zoe Santos, coñecida polo seu paso como bailarina en PANORAMA.

Sen dúbida un elenco que non vai deixar indiferente a ninguén: comeza KUBO, outro xeito de ofrecer e vivir a festa.

 

 

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*