Catro orquestras para Imo

0
448

Dodro Imo 2010 - cartelClica na imaxe para vela a maior tamaño

E continúan as festas no concello de Dodro. Despois das patronais na cabeceira do municipio e, hai uns días, as de Lestrove, tócalle agora a Imo, con tres xornadas festivas que comezan hoxe. En Imo-Castro hoxe haberá unha gran mexilloada e a música dunha discoteca móbil. Mañá comezan as verbenas con dúas orquestras ben asentadas no panorama orquestreiro aínda que bastante distintas entre elas: ACHÉ e PANAMÁ. A primeira delas, a considerada orquestra revelación, cun repertorio moi completo: cumbia e merengue, basicamente, no primeiro pase, con baladas, pasodobles, etc., e un segundo pase máis encauzado á xuventude pero no que se tocan todos os estilos musicais, incluídos os éxitos discotequeiros do momento.

PANAMÁ é unha orquestra máis de baile aínda que tamén fai algún tema de pop actual. Neste sentido é unha orquestra un pouco máis clásica aínda que non por iso deixa de ter moita calidade. En todo caso as dúas orquestras compleméntanse perfectamente e han facer unha boa noite de festa.

Para o cerre en Imo-Castro, outra boa banda musical: JERUSALÉN, acompañada de CICLÓN. O grupo compostelán segue arrasando alá por onde vai e a orquestra liderada por Jorge Meléndez traerá o seu repertorio que toca todos os estilos bailables e ademais temas de exhibición vocal. Outra boa combinación para darlle un bo peche ás festas 2010. Será estes días, outra vez máis, no concello de Dodro.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*