Citas inescusables de San Brais

0
186

caldas-de-reis-cesar-san-clemente-2010-cartelCartel de San Clemente cos actos preparados para a festa de San Brais

Dúas citas para salientar esta noite de sábado. Son dúas das moitas celebracións de San Brais que teñen lugar esta fin de semana. Aínda que o propio día foi o mércores pasado, a maioría dos lugares que celebran esta festividade trasladaron as festas para a fin de semana. Por unha banda en Cesar – San Clemente, no concello de Caldas de Reis, festa de San Brais coas orquestras ACHÉ e PHILADELPHIA. No apartado gastronómico chocolate con churros gratis para todos os asistentes ao final da verbena.

arteixo-2010-vilarrodris-festa-de-san-brais-cartel

Doutra banda máis ao norte, en Vilarrodrís, no concello de Arteixo, festa do mexillón e verbena coa orquestra OLYMPUS para celebrar o San Brais. Esta convocatoria festiva podería valernos como adianto ás festas do verán que se celebran nesta mesma parroquia, no mes de xullo, na honra da virxe da Luz. Pero hoxe a cita é máis gastronómica e festiva que relixiosa, e para que a crise non sexa un problema, as racións levarán prezos anticrise. A actuación musical da OLYMPUS de Negreira será completada polo grupo HECHIZO e no campo da festa haberá carpa con calefacción.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*