Buscando a mellor orquestra 2010

0
445

Los Satélites 2010 - orquesta - cartelNo concurso mellor orquesta 2009 de Palco de Estrelas, os gañadores foron Los Satélites e os seus cantantes Alma Beatriz e Eric Hidalgo

A partir de hoxe e durante tres semanas, os oíntes de Palco de Estrelas, programa emitido por Radio Valga 107.4 FM, poden escoller en directo a mellor orquestra 2010 así como os mellores cantantes.

O programa da radio foi un dos primeiros en levar a cabo esta iniciativa na que se pode participar exclusivamente mediante chamada telefónica en directo. Para iso ponse á disposición dos oíntes o número de teléfono 986 559 736, e entre todas as chamadas sortearanse varios CD de orquestra.

Na pasada edición a orquestra gañadora foi LOS SATÉLITES e os cantantes, Alma Beatriz e Eric Hidalgo, da mesma formación musical.

Tamén continúa o concurso para escoller mellor orquestra 2010 na páxina web Pasión Orquestas. Neste sitio dedicado ás verbenas e orquestras de Galicia están a piques de pasar á seguinte fase onde pasarán unicamente as orquestras máis votadas. Na pasada edición a mellor orquestra 2010 para os visitantes de Pasión Orquestas foi a padronesa CHARLESTON BIG BAND. Nesta edición , na primeira rolda, vai gañando PANORAMA (a orquestra máis votada nas catro edicións do mesmo concurso levado a cabo por outra web de información, anosacosta.es) pero, nin moito menos, non hai nada decidido xa que na segunda rolda as que pasen partirán novamente de cero.

Así entre concurso e concurso coñeceremos cales son as orquestras mellor valoradas polos festeiros en distintos medios de información verbeneira. Hoxe a partir das 19.00 horas empezan os oíntes de Palco de Estrelas, programa de Radio Valga conducido por Daniel Seijas.

Radio Valga 107.4 FM

Web Pasión Orquestas: pasionorquestas.es.tl

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*