Olympus presenta a nova xira 2009

0
452

afiche-olympus-2009

A orquestra máis famosa de Negreira, a OLYMPUS, unha das referencias orquestrais en Galicia, presenta hoxe venres o seu novo espectáculo. Os integrantes da banda liderada por Peke dan a coñecer dentro dunhas horas a súa nova xira titulada “EL PODER DE LA MAGIA, GIRA 2009” nas festas de San Vicente (A Baña – A Coruña).

Pero ademais esta fin de semana haberá máis sorpresas, porque a OLYMPUS levará a cabo mañá, na Festa da Troita de Sigüeiro, unha BIG BIGHT para todos os seus fans e presentará tamén o seu novo DVD titulado “25 HORAS” gravado na noite do 31 de outubro en Negreira xunto con artistas como Marta Sánchez e no que se ofrece un estracto do concerto de máis de 25 horas de música ininterrompida.

No apartado de cambios, na OLYMPUS destaca este ano 2009 a fichaxe da cantante Marta Valiño, procedente de COSTA OESTE, orquestra na que estivo moitos anos. Así, xunto con Marta, a dianteira está composta por tres voces masculinas moi coñecidas no mundo das orquestras: Peke, Danni e Lucky. O percusionista Yanko tamén fai algún tema en solitario.

Se non queres perder a estrea do novo espectáculo de OLYMPUS, estas son as actuacións para a fin de semana:

VENRES 8 – SAN VICENTE – A BAÑA (A CORUÑA) CON JERUSALÉN

SÁBADO 9 – SIGÜEIRO – OROSO (A CORUÑA) CON ALARMA

DOMINGO 10 – FLORES DEL SIL – PONFERRADA (LEÓN)

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*