Xunto co San Froilán, a outra cita festeira principal destes días en Galicia está no Grove. A localidade pontevedresa apura os últimos días da súa Festa do Marisco. Variedade de produtos a prezos populares é o segredo do éxito de convocatoria ano tras ano; e neste espérase que pasen pola carpa da feira máis de 200.000 persoas.
Ameixas, berberechos, camaróns, cigalas, polbo, zamburiñas, lagostinos, navallas, nécoras, ostras, mexillóns, rodaballo, etc… cociñado á prancha, en empanada, á feira. Máis variedade que en calquera restaurante para ofrecer aos visitantes unha festa de calidade a prezos para todos os petos.
Tamén haberá outras actividades para complementar a festa gastronómica e música. Destaca mañá o concerto de LA GUARDIA.
Ofrecemos o programa dos últimos días da Festa do Marisco:
DOMINGO, 10 DE OUTUBRO
11.00 h Apertura dos postos de venda de marisco.
13.00 h Gaiteiros de Cantodorxo, no recinto da festa.
12.00 h Actuación de charangas.
12.00 h Entrega de premios do Concurso de pratos de mexillón Amegrove, no recinto da festa.
17.00 h Festa Infantil, a cargo de Javi Solla, con karaoke, sorteos, xogos…, no recinto da festa.
20.00 h Gaiteiros de Cantodorxo, no recinto da festa.
23.00 h Festa dos anos 60/70/80 a cargo de Javi Solla, no recinto da festa.
LUNS, 11 DE OUTUBRO
11.00 h Apertura dos postos de venda de marisco.
13.00 h Gaiteiros de Cantodorxo, no recinto da festa.
13.00 h Actuación de charanga, no recinto da festa.
23.00 h Concerto de La Vecina de Enfrente, no recinto da festa.
24.00 h Concerto de La Guardia, no recinto da festa.
MARTES, 12 DE OUTUBRO
11.00 h Apertura dos postos de venda de marisco.
13.00 h Gaiteiros de Cantodorxo, no recinto da festa.
20.00 h Gaiteiros de Cantodorxo, no recinto da festa.
HORARIO DE APERTURA DAS CAIXAS:
Día 1 de outubro: de 19.00 a 22.45 h
Días 2, 3, 9, 10, 11 e 12 de outubro: de 11.00 a 16.00 h e de 19.00 a 22.45 h
Días 4, 5, 6, 7 e 8 de outubro: de 12.00 a 15.45 h e de 19.00 a 22.30 h
HORARIO DE APERTURA DOS POSTOS DE DEGUSTACIÓN:
Día 1 de outubro: de 19.00 a 23.00 h
Días 2, 3, 9, 10, 11 e 12 de outubro: de 11.00 a 16.30 h e de 19.00 a 23.00 h
Días 4, 5, 6, 7 e 8 de outubro: de 12.00 a 16.00 h e de 19.00 a 23.00 h
LUDOTECA INFANTIL, no recinto da festa.
Do 2 ao 12 de outubro: de 12.00 a 16.00 h e de 19.00 a 22.30 h. Gratuíta.
O Grupo de Teatro Enxebre lucirá os disfraces de mariscos durante as fins de semana e o festivo.
mi madriña, canto dano fixo corel!