Gran cartel en Laíño

0
604

dodro-laino-2010-cartelHoxe comezan as verbenas das festas de Laíño, en Dodro

En Dodro, despois de tres semanas seguidas nas que houbo festas nalgún punto do Concello (o propio Dodro, Lestrove e Imo), esta fin de semana comezan outras máis para sumar á oferta festeira do final do verán: Laíño celebra as festas da Virxe do Leite.

O cartel contén algunhas agrupacións de altura e/ou con moi boa crítica por parte dos festeiros: AMÉRICA SL, TRÉBOL, CAPITOL ou LOS SATÉLITES entre elas. Música de calidade ou repertorios orixinais que se apartan un pouco do convencional.

Precisamente será AMÉRICA SL xunto co repertorio bailable do grupo NARANJA os que abrirán as verbenas. Mañá luns gran duelo festeiro entre SUPERFAMA e a TRÉBOL de Ferrol, e o martes, a falta de dúas, tres orquestras: PRINCIPAL, CAPITOL e LOS SATÉLITES.

Música 100% verbeneira en Dodro nas próximas xornadas festivas.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*