O Porriño celebra o Cristo con seis días de festas

0
379

París de Noia - 2010 - 00039 - Aguiño (Ribeira)Orquestra París de Noia / © Fotografía: roxegar 2010

A localidade do Porriño, en Pontevedra, celebra desde hai unhas horas as festas do Cristo. Se hai uns días remataba O Cristo do Barco de Valdeorras é agora a vez do Porriño.

Seis días de festa que comezaban esta noite coa actuación de ANTONIO OROZCO. O gran concerto do artista dálle paso a cinco días de verbenas nas que dúas grandes agrupacións musicais deleitarán o público coa súa música. Son orquestras e algún grupo de varias axencias de espectáculos, e así poderemos ver dentro dunhas horas a PANAMÁ e MIRAMAR. O domingo actuará o grupo AMÉRICA xunto coa orquestra SINTONÍA DE VIGO (é moi estraño que coincidan na mesma verbena) e o luns actuarán PARÍS DE NOIA e GRAN PARADA.

Despois do descanso polo medio da semana chegamos aos dous últimos días de festa: as orquestras SUAVECITO e LAMAS serán as encargadas da verbena do sábado día 2 de outubro, e para o remate das festas contarase o domingo 3 coa actuación da orquestra TANGO e da formación padronesa CHARLESTON BIG BAND, que tampouco é usual que coincidan por pertenceren a diferentes axencias de espectáculos.

Todas elas son garantía de boa festa, polo que no Porriño haberá cinco grandes verbenas como principal actividade festiva. Outras actividades que completan o cartel serán os campionatos deportivos, a música de charanga e de banda, degustacións gastronómicas, etc… Todo o necesario para poder gozar dunhas boas festas.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*