Recompilación verbeneira

0
459

recompilacion-mellores-orquestas-de-galiciaPortada do novo cd recompilatorio con temas dalgunhas das mellores orquestras galegas actuais

Todas elas teñen editados un ou varios traballos pero este último que hoxe presentamos é especial, e pouco usual. Trátase dun CD recompilatorio que recolle dous temas de cada unha das orquestras que promociona. E aínda é máis especial se temos en conta que hai orquestras de varias oficinas diferentes, o que nos permite escoitar no mesmo soporte música de MARBELLA xunto con música de LEDICIA ESPECTÁCULO e xunto á SINTONÍA DE VIGO poderemos tamén escoitar á SUAVECITO. Algunhas das mellores orquestras verbeneiras do momento, todas xuntas neste traballo recompilatorio, entre elas GRAN PARADA, FOLIADA ou a GALILEA da Estrada. Unha moi boa idea para gozar de toda a música verbeneira das nosas orquestras.

Podes conseguilo nas tendas de discos e nalgunhas grandes superficies como Haley ou Media Markt.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*