Á segunda vai a vencida

0
587

valga-bronllo-2010-festa-aprazada-cartel

A parroquia de Bronllo, no concello de Valga, volve estar de festa, pero esta vez para facer a que no seu día non puido ser por culpa do temporal.

A orquestra ACHÉ e o grupo MASTER, esta vez parece que si, serán os encargados de amenizar a festa de San Antón de Abade que tivo que ser suspendida hai un par de semanas. No caso de cumprirse os prognósticos do tempo, será posible realizar a verbena da man destas dúas formacións case novas.

E dicimos case novas por dous motivos diferentes en cada caso. En canto a ACHÉ, a orquestra non é nova pero este ano presenta un novo concepto e un novo espectáculo á parte da incorporación de compoñentes que chegan coa ilusión de contribuír co seu traballo a unha nova forma de ver a verbena. No que se refire a MASTER, o grupo reaparece despois de varias temporadas inactivo. Algún compoñente repite pero a maioría son caras novas e pretenden realzar de novo o grupo a un lugar destacado dentro do mundo das verbenas.

Dúas formacións musicais que este ano van dar moito que falar. Se podes, mañá tes unha cita en Bronllo coa festa e o espectáculo.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*