María Pita vai de verbena

0
610

orquesta-armonia-show-2010-cartel-dianteira1A orquestra canaria Armonía Show actúa dentro dunhas horas no barrio coruñés de Eirís

Onte os veciños dos Mallos puideron gozar coa verbena da súa orquestra no barrio. MANHATTAN foi a encargada de amenizar unha das verbenas programadas dentro das festas de María Pita 2010. E a orquestra MANHATTAN tocou na casa ante un número importante de veciños que se achegaron á explanada traseira do Centro Cívico dos Mallos para botar unha peza ou máis de entre o variado repertorio da formación musical.

Hoxe, de novo, verbena na Coruña, nesta ocasión no barrio de Eirís coa orquestra ARMONÍA SHOW. A formación musical canaria é a encargada de amenizar a festa da fresa no barrio coruñés. Mañá será outra grande: Orquestra TV NORDÉS, que tocará no barrio de Labañou, concretamente na praza da Tolerancia.

E xa para a semana que vén terán lugar as dúas últimas citas verbeneiras na Coruña; o xoves 26 actuará o grupo CHASTON na denominada “pista verde” da Sagrada Familia, e o domingo 29, na Romaría de Santa Margarida a canaria EL COMBO DOMINICANO poñeralles o punto e final á cita anual no parque coruñés e ao programa de María Pita. O repertorio salseiro da orquestra serán as últimas notas musicais das festas coruñesas do verán.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*