Panorama presenta en dúas semanas a nova xira

0
243

Orquesta Panorama 2010 web 2010 presentación

A orquestra PANORAMA está metida de cheo na preparación da nova temporada 2010 A Xira do Xacobeo. O vindeiro día 19 en Santiago de Compostela, concretamente no Teatro Principal, a formación musical presentará a nova xira, que dará comezo a mediados de marzo, a Gala contra o cancro, que entrará na súa terceira edición, os novos compoñentes e moitas máis sorpresas.

Pouco se sabe, de momento, sobre esta presentación á que poderán asistir gratuitamente os seguidores con carné, e menos aínda sobre detalles da nova xira. A orquestra estivo gravando escenas no Grove hai poucas semanas. Vídeos que se plasmarán na pantalla xigante do escenario en cada actuación e parece que formarán parte dun novo musical. Tamén hai quen afirma que viu os compoñentes da orquestra gravar en Santiago máis escenas. Sábese tamén que a formación musical estreará novo escenario e parece ser que en breve xa que os traballos están moi avanzados.

Sobre as datas de 2010 temos que confirmar, despois de consultar distintas fontes, que a orquestra actuará nas festas da xuventude de Aguiño (Ribeira) coa PARÍS, Boqueixón (con outras dúas), O Burgo e Vilaboa (Culleredo), Oseiro e Vilarrodís (Arteixo), O Grove (nas festas do Carme), na Festa do Viño de Barrantes (Ribadumia), no Nazareno da Pobra do Caramiñal, nas festas de Santa Uxía (Ribeira), en Coia (Vigo), na Festa da Fervenza (Mazaricos), e nas patronais de Melide e Ordes ou mesmo no San Froilán, entre outras moitas datas xa confirmadas para a nova xira.

E poco máis… a orquestra mantén en segredo moitos detalles que se desvelarán o 19 no Teatro Principal de Compostela.

Sen comentarios

  1. quero decirvos q en Camelle (no pobo do alemán)está confirmada a actuación de Panorama pas festas do Espiritu Santo..día 23 de Mayo..non sabemos aínda con quen…son a presidenta da comisión de festas e o noso pobo é moi pequeniño pero estamos conseguindo traer as mellores orquestras,un saúdo

Deixa unha resposta


*