Panorama: o espectáculo continúa

0
400

Orquesta Panorama - 2010 - 0090 - Vilagarcía (Guillán)Este é o novo e definitivo escenario de Panorama estreado na madrugada do venres en Guillán / © foto: roxegar

Ofrecemos nesta entrada os primeiros temas da actuación da orquestra PANORAMA o pasado venres en Guillán (Vilagarcía de Arousa) estreando o novo escenario. Cando lemos nalgún medio de comunicación que a estrea estaba programada para o xoves ou o venres a verdade é que nos parecía incrible, pero velaquí está grazas ao esforzo titánico do taller onde fabrican as plataformas.

A pesar dalgúns pequenos problemas de son, do escenario sen rematar ou da ausencia dalgún tema importante do repertorio, a orquestra arroupada por moitos seguidores chegados de toda Galicia sacou adiante a festa e soubo, coma sempre, “meter a xente no peto”. Desde o venres, a PANORAMA volve funcionar, case con normalidade. En pouco tempo supoñemos que o escenario estará totalmente rematado para seguir ofrecendo con total normalidade “A Xira do Xacobeo“.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*