As festas do Socorro en Carral, por todo o alto, coma sempre

0
327

carral-socorro-folk-2010-cartelO festival folk, a Festa da Empanada, as verbenas e a Queima do Panteón, o máis destacado ata o domingo en Carral

E chegou a data esperada en Carral. Hoxe ábrense as celebracións coa xa famosa Festa da Empanada e a actuación da formación musical TROVA e da orquestra OLYMPUS. Pero a festa vai durar todo o que queda de semana con música moi variada de boas formacións musicais. Mañá os amigos de PALLADIUM serán os encargados de poñer música nos arredores da Casa do Concello. O pequeno campo da feira foi quedando pequeno ante o tamaño dos escenarios de formacións musicais como o da de Negreira, a PARÍS ou a PANORAMA entre outras. Pero isto non é inconveniente para que ano tras ano acudan a Carral as mellores orquestras de Espectáculos Lito.

carral-socorro-2010-cartelE o venres é, sen dúbida, o día grande, non porque as orquestras sexan mellores pero si polo número de actuacións: dúas formacións orquestrais e outros tantos grupos folk para amenizar a noite. As orquestras chamadas para o venres, LA BÁMBOLA e COSTA OESTE.

O sábado é a vez para outra grande banda, a orquestra GALILEA, desde A Estrada, traerá a súa música variada e un repertorio para todos os gustos onde prima a música de baile.

Xa o domingo, o día da Queima do Panteón, o cerre das festas estará a cargo do grupo ESTRELLA e da orquestra ARMONÍA SHOW, que vai ultimando o seu calendario festeiro por Galicia.

Mención á parte merece o festival folk do venres e oxalá se consolidase para as seguintes edicións como unha aposta pola música máis de noso, porque non todo vai ser verbena. Desde logo en Carral, este ano, a variedade musical non pode ser máis completa. Bo cartel, coma sempre.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*