Xunto co pan de Cea, o de Carballo ou o de Vimianzo, o de Carral é sen dúbida un dos considerados mellores pans de Galicia, e desde hai xa 15 anos ten a súa festa de exaltación, a mediados do mes de maio.

O concello de Carral celebra a súa XV Festa do Pan con moitas actividades programadas durante hoxe e mañá e a actuación das orquestras CARAMELO (sábado) e PALLADIUM (domingo). Tamén se poderá gozar da música das charangas MEKÁNIKA e ALAMBIQUE.

Carral 2017 - XV Festa do Pan de Carral - cartel

Feira medieval, o famoso bocadillo cardiosaudable (de xamón con tomate e aceite de oliva), un obradoiro de pan para nenos e unha xuntanza de motos conforman o groso do programa deste ano en Carral.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*