Os Milagres levan a festa a Caión

0
441

a-laracha-caion-milagres-2010-cartel

É a romaría de máis sona do concello da Laracha e mesmo poderiamos dicir da comarca. A Virxe dos Milagres, que se venera na capela maxestosa no alto do monte mirando cara ao mar, leva a festa ata Caión, de novo. E dicimos de novo porque a pasada semana xa se celebrara en Erboedo esta mesma festa dos Milagres. Nesta edición non coinciden as celebracións de Erboedo e Caión, polo que non haberá que sortear a que festa imos ir.

A orquestra NOVA PALMA de Corcubión foi a encargada de abrir esta noite as celebracións que se prolongarán ata o sábado. Mañá será a PHILADELPHIA, coa súa nova montaxe e un repertorio retocado hai poucas semanas, a que levará a súa música e espectáculo ata Caión. O grupo CICLÓN unha vez máis tocará en terras larachesas despois de pasar este ano por Paiosaco, A Laracha e San Román. Para rematar o sábado, a formación FIN DE SIGLO será a encargada de poñer o broche final en Caión.

O domingo a imaxe da Virxe dos Milagres baixará para a igrexa, ata o ano que vén.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*