A orquestra Panorama inaugura as festas do Burgo 2009

0
385

dsc_0019

O gran recinto de atraccións de feira do Burgo (Culleredo) estará instalado na explanada do Paseo Marítimo e nas inmediacións da fábrica da Cros / roxegar

O concello coruñés de Culleredo, verdadeira continuación da cidade herculina, abre mañá as festas do Burgo 2009, as máis importantes da comarca coruñesa, polo menos no que se refire a número de visitantes que pasan polo paseo marítimo durante os seis días de celebración.

Os arredores do paseo marítimo do Burgo e das vellas instalacións da Cros, que pasarán en breve a acoller un moderno auditorio, énchense xa de atraccións e casetas de festa para acoller un ano máis a feira máis importante de atraccións na comarca coruñesa. O recinto de atraccións de feira é un dos maiores reclamos destas celebracións xa que A Coruña non ten recinto feiral nas súas festas de María Pita, o que fai que moitos veciños da cidade se despracen estes días ao Burgo para gozar dos “cachibaches”. Só Arteixo acolle un recinto comparable ao do Burgo e, ademais, coinciden no calendario xa que o arteixán comeza o xoves e remata o luns, como o de Culleredo.

Pero en Culleredo, á parte dos carruseis tamén haberá música, e da boa. Seis grandes orquestras amenizarán as celebracións do Apóstolo no Burgo: PANORAMA abre mañá mércores, SINTONÍA DE VIGO segue o xoves, VERSALLES o venres, FANIA BLANCO SHOW o sábado, GALILEA o domingo e a MARBELLA LIGHTS SHOW clausura o luns as festas. Ademais , o venres haberá a xa tradicional churrascada, que se repetirá o luns xunto á gran sesión de fogos de artificio e, se a marea o permite, acuáticos, que son referencia en toda a comarca.

culleredo-festas-do-burgo-2009-cartel

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*