Especial San Xoán 2010

0
486

a-coruna-san-xoan-2010-cartel-pequenoChega a noite máis curta do ano; e en todos os sentidos, porque cando un o está pasando ben o tempo parece que escapa máis de présa. Hoxe o lume fará rolda coa noite nese acto máxico que lle dá a benvida ao verán. En todos os barrios das cidades e vilas, ou case todos, e nas eiras, adros e leiras das nosas aldeas haberá de seguro unha lumeirada, fogata, fogueira, cacharela, cachela ou como a queiramos chamar, para celebrar a noite do San Xoán. Noite purificadora, segundo a tradición e as lendas, que aproveitaremos para tomar as primeiras sardiñas, ou o churrasco a falta das primeiras. E se pode sen ao son dunha boa música, moito mellor.

Ofrecemos unha listaxe coas festas máis salientables para ter en conta hoxe e mañá co gallo da celebración do San Xoán. Para saber o resto de días da fin de semana, consultar o calendario do blog ou a axenda diaria, que intentaremos ter actualizados estes días para unha mellor información.

DÍA 23

A CORUÑA.- Noite da Queima na Cidade Meiga (Praias Riazor-Orzán).

ARES.- Gran sardiñada ás 19:00 horas no aprque municipal Rosalía de Castro.

Barrio de Montirón (Lugo).-Sardiñada, gran lumeirada e actuación do grupo MIDAS.

Barrio da Piringalla (LUGO).- Gran churrascada e actuación da orquestra coruñesa CIBELES.

Barrio de Esteiro (Ferrol).- Sardiñada e actuación de LOS ZARES.

Barrio de Pelamios (SANTIAGO DE COMPOSTELA).- Sardiñada, rastrillo, cacharela e actuación do grupo ALCOTÁN.

Barrio de Vista Alegre (SANTIAGO DE COMPOSTELA).- Actuación do grupo CICLÓN.

Calo (TEO).- Queima da cabra vella e actuación dunha grande orquestra.

CAMBRE.- Sardiñada pública ás 20:00 horas no campo da feira e actuación dun grupo musical.

CARBALLO.- Sardiñadas, concurso de cachelas e actuación da orquestra TRÉBOL.

Covas (VIVEIRO).- Sardiñada e actuación da orquestra PANAMÁ. Disco móbil KRAUSS.

GUITIRIZ.- Sardiñada gratuíta e música da discoteca móbil ESDEN.

Lubre (SADA).- Actuación da orquestra LOS ESPAÑOLES.

O cruceiro – Carreira (RIBEIRA).- Gran sardiñada e actuación do grupo REFLEJOS con Débora Silva.

O Esto (CABANA).- Sardiñada e actuación do grupo DELIRIO.

O Santo (SANXENXO).- Gran sardiñada e agrupación do grupo ARENA.

PANXÓN.- Actuación do grupo LA OCA e da orquestra PANORAMA.

ORTIGUEIRA.- Sardiñada e churrascada gratuítas na zona da Preguisa. Ás 24.00 Foleón de San Xoán.

POIO.- Gran sardiñada e actuación do grupo LIMÓN e da orquestra TAMBO.

SARRIA.- Actuación da orquestra JERUSALÉN.

San Xoán de Vilanova (MIÑO).- Actuación da orquestra MARBELLA.

TOURO.- Gran Sardiñada popular no campo da festa.

ribeira-carreira-2010-san-xoan-cartel-pequeno

Cartel coa programación da festa do San Xoán 2010 en Carreira (Ribeira)

DÍA 24

A Picota (MAZARICOS).- Actuación da orquestra LOS SATÉLITES.

Buxán (ROIS).- Actuación dos grupos AMERIKAN TOP e MASTER.

Calo (TEO).- Actuación das orquestras VERSALLES e PONTEVEDRA.

Covas (VIVEIRO).- Actuación das orquestras XENTE NOVA e PHILADELPHIA.

GUITIRIZ.- Actuación das orquestras ABANICO e PANORAMA.

O Esto (CABANA).- Actuación do grupo MIDAS.

O Santo (SANXENXO).- Actuación dos grupos IMPACTO e NARANJA.

Ortoño (AMES).- Actuación do grupo CICLÓN.

POIO.- Actuación das orquestras PALLADIUM e MAGOS DE ESPAÑA.

San Xoán de Piñeiro (MUGARDOS).- Actuación da orquestra FOLIADA.

SARRIA.- Actuación das orquestras GRAN PARADA e CINEMA.

TOURO.- Actuación do grupo ATENAS e da orquestra ACHÉ.

Algúns carteis das festas:

rois-buxan-san-xoan-2010-cartellugo-barrio-de-montiron-san-xoan-2010-cartel-pequenocabana-o-esto-2010-san-xoan-cartel-pequeno

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*