Algunhas das mellores orquestras pasan por Teixeiro

0
367

Grupo Ciclón - 2010 - 021 - RibeiraCiclón actúa esta noite coa orquestra Panamá en Teixeiro. Mañá estarán a Versalles e mais a Panorama / © foto do grupo Ciclón 2010 por roxegar

En terras de Curtis, concretamente en Teixeiro, o cartel é de excepción ata o próximo domingo. Case toda a semana de festas que comezaban onte martes coa gran churrascada e a actuación do dúo musical coruñés SINTONÍA. Hoxe mércores comezaba unha serie de verbenas protagonizadas por algunhas das mellores orquestras da oficina de Lito Espectáculos: PANAMÁ e CICLÓN (que estarán tocando a estas horas), PANORAMA e VERSALLES mañá, OLYMPUS e MARBELLA para a noite do venres e a PONTEVEDRA xunto co grupo CHICAS SHOW para o sábado.

Aínda haberá festa o domingo, da man dunha formación musical por determinar. En Teixeiro, un ano máis, toman en serio as festas.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*