Ribadavia apura as patronais

0
423

Ribadavia 2010 - Festas do portal - cartelClica no cartel para velo a maior tamaño

As festas máis importantes de Ribadavia comezaron onte martes. Durante estes días a localidade ourensá ofrecerá moita música e moi variada. Concertos de case todos os estilos están programados nun cartel que pretende ofrecer todo tipo de música. EL SUEÑO DE MORFEO será quizais a cita máis esperada, pero hai máis propostas musicais.

O que si botamos un pouco en falta son máis verbenas. De todos os días de celebración só hai dous dedicados a este tipo de música. As orquestras JERUSALÉN (que está actuando esta noite) e ARMONÍA SHOW son as escollidas para as festas do Portal deste ano. A “JERU” xa actuará en solitario nas festas de Ferrol, onde tamén houbo todo tipo de concertos a costa de recortar verbenas.

Tamén hai que dicir que o venres é o día dedicado ás bandas e, aínda que coincide co concerto máis importante, a música das bandas é a que case exclusivamente se poderá escoitar ese día.

O cartel, polo tanto, é dos máis variados que podemos atopar este ano: música de verbena, bandas, charangas, concerto rok, música pop… todo en Ribadavia ata o sábado.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*