Baiona retrocede 500 anos no tempo

0
412

baiona-arribada-2010Cartel promocional da Arribada 2010

A vila pontevedresa de Baiona está de celebracións: Arribada 2010. Conmemoración da arribada da carabela Pinta nesta localidade do sur de Galicia. Multitude de actos conforman o programa que converte esta festa de Interese Turístico Nacional de Galicia.

Para a ocasión Baiona convértese nunha vila medieval para levar a cabo durante dúas xornadas un retroceso no tempo e todo o que iso conleva: o goce de multitude de actividades hoxe desaparecidas como competicións de tiro, actuacións de bufóns, contendas de esgrima, torneo de xusta, tiro de venablos, actuación de xograres e malabares, exposicións de armas e instrumentos de tortura medieval, parada de aves cetreiras, obradoiros de escritura gótica, fábrica de moedas, desfile medieval, espectáculo de cetrería montada e un longo etcétera.

Música de cámara e degustación de produtos típicos completan esta celebración que nos traslada á época medieval por dous días: sábado e domingo (6 e 7 de marzo) en Baiona.

Programa completo Arribada 2010 de Baiona

Sen comentarios

  1. Este ano, coma os anteriores, estivo xenial. Ademáis non choveu, polo menos polo día para poder disfrutar dos postos. Porque o sábado pola noite caeu unha espectacular!!!

Deixa unha resposta


*