O Concello de Santiago de Compostela vive desde hoxe e ata o próximo domingo unha das súas festas máis populares: A Ascensión. Un programa moi variado de actuacións musicais de todos os estilos: ELADIO Y LOS SERES QUERIDOS, ANTONIO CARMONA, MYLES SANKO entre outros, onde non podían faltar, tampouco, as verbenas na Alameda: CINEMA (mércores), METRÓPOLIS (xoves), SALSARENA, en Amio, e COSTA DORADA na Alameda (venres), LOS ESPAÑOLES (sábado). A música clásica tamén terá cabida coa actuación da REAL FILHARMONIA DE GALICIA e a música de banda, tamén, coa participación da BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA. A música infantil entra tamén no programa festivo da Ascensión coa actuación, entre outros, de MARIA FUMAÇA.

Santiago_de_Compostela_2017_-_Ascensión_-_cartel_

Concertos, folk na rúa, teatro, desfile de tropas imperiais, comparsas de cabezudos, obradoiros, etc., conforman o groso do programa das festas que levan as atraccións de feira, unha vez máis á Alameda e carballeira de Santa Susana, en pleno corazón compostelán. Entre elas hai algunha novidade como un booster ou a volta do Jumanjy (unha roda que xira e tira a xente do asento circular). Outras son as de sempre, como o saltamontes ou a xa tradicional noria xigante.

En xullo volverán as festas a este entorno para celebrar o Apóstolo. Nesa ocasión a noria será un pouco máis pequena, pero igualmente impresionante.

Podes consultar o programa completo no seguinte enlace:

https://drive.google.com/file/d/0B_0oVBFCpnIJSkxreXZTZU5JTVE/view

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*