A bailar coa Trébol!

0
365

O novo CD da orquestra TRÉBOL está a piques de saír, e como adianto ofrecemos en Festa a Festa o tema propio titulado Baila con la Trébol, unha cumbia que será unha das cancións estrela do disco.

Ano de novidades na orquestra ferrolá: acaba de estrear novo escenario e o próximo será o disco, que pode estar dispoñible en cuestión de días ou como moito, semanas.

Fiel ao seu son característico e cunha importancia máxima do apartado dos metais, aquí vai o primeiro tema a ritmo de cumbia para non deixar de bailar… coa TRÉBOL.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*