Vigo segue co seu calendario festivo. Se hai unhas semanas eran as festas de Coia, entre outras que xa pasaron como Balaídos, agora tócalle a Bouzas, onde destacan os seus impresionantes fogos artificiais e o parque de atraccións instalado onde destacan a noria, a montaña rusa de auga Cataratas e o Gigant XXL de 65 metros de altura, entre as xa tradicionais como Saltamontes, Explorer, pista de autos de choque, dragón e todas as infantís de sempre.

Bouzas 2016 - Explorer e Noria

En canto ao programa musical, desenvolverase ata o próximo martes:

Venres 15.- STELARES e TOKIO

Sábado 16.- LA TORRE e KAMELOT

Domingo 17.- CIUDADEVIGO e NEVADA

Luns 18.- GRAFITI e ALABAMA SHOW

Martes 19.- PASSARELA e M3

Bouzas 2016 - Noria Sánchez

Tamén empezan esta fin de semana as festas en Bembrive, aínda que o programa máis forte terá lugar na fin de semana do Apóstolo.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*