A Pantoja pisa con forza en Ordes

0
439

Unha das máis aclamadas, Isabel Pantoja, pasou con forza polo escenario da orquestra PANORAMA o venres na III Gala contra o cancro. Ofreceu tres temas, os dous de rigor e un de regalo, que non estaba previsto. A mala pata, e nunca mellor dito, fixo que caese e levase unha escordadura nun pé. Pero quen ten arte parece que o ten para todo, porque a artista acabou no chan o final da canción coma se nada.

Se me enamora el alma, Virgen del Rocío e unha Salve Rociera foi o repertorio que ofreceu en Ordes a flamenca. O tema Virgen del Rocío interpretouno por petición da orquestra para lembrar unha das etapas máis importantes da formación musical cando a voz principal era Javier Comesaña e incluía sempre con gran éxito este tema no seu repertorio. Esta vez foi a Pantoja verdadeira…

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*