Queimada, churrasco e boa música no San Xosé de Oa

0
313

orquesta-ledicia-2009-cartelA orquestra ourensá Ledicia Espectáculo e a portuguesa Funçao Públika amenizan a noite de San Xosé en Oa no programa da XXI Festa da Queimada

No concello coruñés de Trazo, no lugar de Oa-Xavestre, teñen montada unha boa festa para o día de San Xosé: a XXI Festa da Queimada.

O día preséntase completo, pois xa haberá sesión vermú, pero o groso da festa será a partir da noitiña coa verbena amenizada por dúas grandes orquestras: LEDICIA ESPECTÁCULO de Ourense e FUNÇAO PÚBLIKA de Portugal, para moitos a mellor orquestra do país veciño.

Pero non remata aquí a troula, a partir das 00:00 horas terá lugar a queimada popular de balde e un par de horas máis tarde o churrasco.  E por se o tempo non acompaña haberá unha gran carpa. Bos ingredientes para o bandullo e o bailoteo en Oa, festa popular de calidade.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*