A estrea de Juan Magán

0
560

O compositor, músico e cantante catalán Juan Magán, outro dos artistas invitados á III Gala contra o cancro do pasado venres, traía un regaliño baixo o brazo. Nada máis e nada menos que o novo single que estreou en Ordes en primicia.

Xunto ao éxito Mariah, Mariah, que cantou xunto aos vocalistas de PANORAMA, Magán interpretou despois a súa nova canción que de seguro vai petar forte nas pistas de baile durante este verán: Get that out. A Juan Magán poderémolo ver por diversas discotecas galegas nos vindeiros meses estivais; mentres tanto podes ver unha das súas actuacións no escenario da orquestra caldense o venres pasado. Tamén ofrecemos o remix de discoteca de PANORAMA que leva no seu repertorio desde 2009.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*