A paella máis grande de Galicia, en Cortegada

0
410

festa-da-paella-cortegada-2009-cartel

Clica na imaxe para ver a información a maior tamaño

A localidade de Cortegada (Silleda) celebra esta fin de semana as súas festas patronais cunha nova edición, o venres, da festa da paella.

Nove anos van xa con este, nos que esta vila de Silleda ofrece aos seus veciños e visitantes unha paella xigante como principal reclamo das festas de Cortegada. Durante tres días poderase tamén gozar da boa música con grupos e orquestras. O día forte musicalmente falando será o sábado, coa actuación de dúas grandes orquestras como son OLYMPUS e GALILEA. O terceiro día a festa será máis local, coa participación da banda de gaitas O Arco de Merza. Para o baile despois de degustar a paella, o dúo MASTER e a orquestra ALARMA serán os encargados de amenizar a verbena.

cortegada-festas-2009-cartel

Para máis información sobre esta festa e sobre todo para xestionar a asistencia á IX Festa da Paella, a comisión organozadora ten unha páxina web onde aparece toda a información referente, principalmente, ao evento gastronómico así como o programa completo das festas.

Festa da Paella de Cortegada

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*