Comezan as potentes festas de Vilaboa

0
440

O concello de Culleredo ofrece numerosas festas no mes de xullo entre as que destacan as de Vilaboa, que comezan hoxe, e as de Santiago do Burgo, do 22 ao 27.

Despois dunha semana chea de actividades culturais, que precede sempre ás celebracións, denominada SEMANA CULTURAL FESTAS DE VILABOA, comezan catro días de festa nunha das parroquias máis populosas de Culleredo.

Para esta ocasión o programa é moi variado, con competicións deportivas, xogos populares e celebracións gastronómicas, pero o máis destacado das festas en Vilaboa, como vén sendo habitual, son as verbenas e os fogos artificiais o último día.

Catro grandes orquestras forman o cartel das festas de Vilaboa 2009: hoxe actuarán os compoñentes de ALARMA, mañá domingo as Cantareiras de Ardebullo e a orquestra MARBELLA LIGHTS SHOW, o luns aterra en Vilaboa o espectáculo de OLYMPUS e para rematar, o martes, o broche fin de festa poñerao a non menos seguida orquestra PANORAMA.

MARBELLA e PANORAMA repetirán nas festas do Burgo, no mesmo concello, xunto con outras catro grandes orquestras.

PROGRAMA DE ORQUESTRAS VILABOA 2009

SÁBADO 11: ALARMA

orquesta-alarma-2009

DOMINGO 12: MARBELLA LIGHTS SHOW

orquesta-marbella-lights-show-2009-cartel

LUNS 13: OLYMPUS

afiche-olympus-20091

MARTES 14: PANORAMA

orquesta-panorama-2009-cartel1

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*