Máis verbenas de María Pita na Coruña

0
387

cartel-los-principes-2009

MARTES 18: ORQUESTRA LOS PRÍNCIPES NOS MALLOS

MÉRCORES 19: ORQUESTRA ARMONÍA SHOW NOS ROSALES

As festas de María Pita seguen a ofrecer verbenas polos barrios. Nesta ocasión temos que falar das verbenas que se levarán a cabo nas vindeiras horas: Dunha banda a orquestra coruñesa LOS PRÍNCIPES actuará nos Mallos, concretamente na explanada do centro cívico hoxe a partir das 22:30 horas. Por outro lado, mañá na Praza Elíptica dos Rosales haberá unha verbena amenizada pola orquestra canaria ARMONÍA SHOW, tamén á mesma hora.

LOS PRÍNCIPES seguen a ofrecer o seu espectáculo 2009 no que presentan cambios importantes respecto de 2008: a incorporación de dúas bailarinas, dunha terceira voz masculina, que suma cinco voces en total, e a posta en marcha hai uns meses do seu novo espectáculo nun escenario do trinque. A orquestra coruñesa, ademais, actuará “na casa” xa que esta formación é do barrio dos Mallos, de onde sempre foron as orquestras precursoras deste nome: LOS GEMELOS Y SU ORQUESTA, etc…

Os dous xemelgos artistas, antigos vocalistas de LOS PRÍNCIPES, LOS GEMELOS Y SU ORQUESTA, KAPRICHO, etc… son grandes coñecidos no mundo das orquestras e xa van alá moitos anos, cando estes se foron facendo famosos en formacións como LOS MADRIGALES ou LOS 6 DE GALICIA. Máis tarde creouse a súa formación de máis sona: LOS GEMELOS Y SU ORQUESTA, que derivou finalmente na actual orquestra LOS PRÍNCIPES na que xa hai anos que non están na dianteira da formación aínda que supoñemos que si como empresarios.

Hoxe actuarán para os seus veciños de toda a vida.

En canto á orquestra ARMONÍA SHOW, esta será a encargada de amenizar a verbena no barrio dos Rosales. Orquestra canaria con repertorio típico deste tipo de orquestras. Calidade superior e repertorio moi bailable son as características básicas desta formación musical que vén todos os veráns de xira a Galicia.

Hoxe martes son os encargados de cerrar as festas de Meicende e mañá estarán na Coruña ás 22:30 despois dunha programación infantil que se desenvolverá no mesmo lugar pola tarde.

ARMONÍA SHOW é xunto con EL COMBO DOMINICANO unha formación de fóra de Galicia que acude fiel á súa cita coas festas galegas cada verán. A segunda delas estará a semana que vén na praza da Tolerancia dentro do programa das festas de María Pita, pero iso será para a semana vindeira. Hoxe quedamos coa boa música de LOS PRÍNCIPES e mañá ARMONÍA SHOW.

O blog do Barrio dos Mallos fiel á súa cita informativa cos veciños faise eco da festa no barrio. Podes seguir a súa información aquí.


Sen comentarios

Deixa unha resposta


*