O bolo xigante de Paradela con música de orquestra

0
357

orquesta-capitol-2009-cartelA orquestra Capitol abre hoxe as festas en Paradela (Meis) acompañada por Los Satélites

Cada fin de semana posterior á Semana Santa, en Meis celébrase unha festa moi particular: o San Gregorio. A actividade máis destacable destas festas é a elaboración do xigantesco bolo da Pascua.

Ao campo da festa de Vilanoviña chega cada ano o asistente máis esperado: un espectacular bolo de Pascua que se lebora con máis de 6.000 ovos.

Pero a festa xa comeza hoxe venres con música de orquestra: LOS SATÉLITES e CAPITOL serán as dúas formacións musicais que pasarán na primeira xornada festiva en Paradela. PARADELA e SOLARA serán as que amenicen a festa mañá sábado.

O domingo é o día grande da festa. Ás 12:30 horas está prevista a chegada ao campo da festa da Boca (Vilanoviña) do xigantesco bolo de Pascua, que se elabora nunha panadaría próxima. E despois da misa campestre, a degustación do churrasco e mais do bolo, con música amenizada por dúas bandas. Pola noite, última verbena.

A romaría de San Gregorio é unha das máis importantes da comarca do Salnés, especialmente polo seu espectacular bolo xigante, que desaparecerá en menos tempo do que se necesitou para elaboralo.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*