Arranca a nova temporada de Suavecito

0
354

É a primeira en presentar a nova temporada 2010; a orquestra SUAVECITO de Espectáculos Lito comeza esta fin de semana a que será a súa nova xira.

Desde a orquestra confírmannos que o plantel de músicos, cantantes e técnicos é exactamente o mesmo de 2009, de maneira que será unha das moi poucas formacións musicais que manteñan o cadro de persoal intacto (igual que LOS SATÉLITES e algunha outra que se nos poida escapar).

No que si haberá cambios será no plano artístico-musical. A orquestra está a preparar novos temas, coreografías e un espectáculo que intentará enganchar ao público como xa fixera esta pasada temporada, na que a recepción no público da orquestra SUAVECITO foi moi boa. E para ir abrindo boca temos xa as primeiras datas… con SUAVECITO xa empeza a xira 2010.

orquesta-suavecito-2009-datas-novembro

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*