A orquestra Marbella 2010 xa está de xira

0
373

orquesta-marbella-lights-show-2010-foto-xurxo-cantanteXurxo, nova voz da orquestra Marbella Lights Show xunto con Víctor / Fonte: web da orquestra Marbella

A orquestra MARBELLA LIGHTS SHOW está xa de xira desde a primeira fin de semana deste mes de decembro (Podes consultar as datas na entrada do blog ou na páxina web), pero para os que queiran ir planificando o vindeiro ano xa poden consultar as datas de xaneiro, primeiro mes no que funcionará de maneira definitiva toda a orquestra.

No mes de decembro Cristina Souto está traballando con MARBELLA para cubrir o lugar de Irene, que se incorpora á formación musical en xaneiro. Así, a vocalista da orquestra PANORAMA remata o día 31 na praza do Obradoiro a súa vinculación coa orquestra e incorpórase á MARBELLA. Pola súa parte, Cristina Souto incorporarase tamén ao seu novo destino, o grupo LIMÓN, que tamén levará a cabo unha profunda renovación que afecta á case totalidade dos compoñentes e da que xa informamos en Festa a Festa.

A orquestra quedará desta forma dentro de dúas semanas:

FICHAXES:

Irene (voz, procedente da orquestra PANORAMA)

Kristie (voz, procedente de SUAVECITO ORQUESTA e ex OLYMPUS 2007)

Xurxo (voz, procedente da orquestra CUNTER’S)

Yosvel Bernal (teclados e dirección musical, ex PARÍS DE NOIA e ex PHILADELPHIA)

Ponce (saxofonista de CUNTER’S)

Angel Guerra (trompetista, ex PANORAMA 2007, procede de RÍA DE AROSA)

Ernam (guitarrista procedente de MARIMBA)

VETERANOS:

Jose (baixo), Roger (percusionista), Arturo (batería), Roberto (saxo), Rolando Marrón (trompetista), Víctor (encargado e voz).

15 Actuaciones [ Enero 2010 ]

S.F. LA LUNA     01/01/2010     Pontevedra

S.F.JOSFER-MESON DO VENTO     02/01/2010     A Coruña

ROCA-GUITIRIZ     05/01/2010     Lugo

S.F.ELITE-PONTECALDELAS     06/01/2010     Pontevedra

CABALEIROS-TORDOIA     08/01/2010     A Coruña

S.F. DOMJUL-TUI     09/01/2010     Pontevedra

S.F.EXAGONO     10/01/2010     Lugo

CACHEIRO-PONTESAMPAIO     15/01/2010     Pontevedra

MIRON-PONTECALDELAS     16/01/2010     Pontevedra

S.F. DON PEDRO- A CAÑIZA     17/01/2010     Pontevedra

RABADE     22/01/2010     Lugo

CARRES-CESURAS     23/01/2010     A Coruña

S.VICENTE DE CERPONZONS     24/01/2010     Pontevedra

S.F. DONA DANA – TOURO     29/01/2010     A Coruña

BUDIÑO-PORRIÑO      30/01/2010      Pontevedra

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*