Berberechos con orquestra

0
419

arteixo-baldaio-2010-festa-dos-berberechos-cartel

En Baldaio, hoxe, a Festa do Berberecho. Na localidade do concello de Arteixo, famosa polos seus arenais e zonas onde manda a natureza, están hoxe de festas; é o día da exaltación dos berberechos. E para animar a cita agstronómica, música de orquestra con CENIZA. A banda coruñesa, con Alexander Rodríguez (ex CHARLESTON BIG BAND e LOS PLAYER’S 2009) e membro do proxecto de música de baile ALE Y ÁLEX Y LA COMBINACIÓN SECRETA, será a encargada de poñer a bailar o persoal para facer unha boa dixestión. Con Álex e Ale (Alejandra Pais) nas filas da orquestra CENIZA o baile está máis que garantido. Gastronomía e música hoxe en terras arteixás, á beira do mar.

Sen comentarios

    • Deixo publicado o teu correo para que se vexa a clase de persoa que es. Xa o ano pasado tiven problemas contigo e non vou entrar no teu xogo. Aquí deixo cerrado este tema e non vou volver entrar nel. Publicarei mañá as festas de Mira porque os teus veciños non teñen culpa de que sexas un “tocapelotas”, por poñer o máis fino que se me ocorre. QUe che vaia ben, Braulio.

Deixa unha resposta


*