Música para unha fin de semana festeira

0
414

orquesta-los-satelites-2010-cartel-webA orquestra Los Satélites cerra o luns as festas de San Telmo, en Tui

Esta fin de semana parece que será a primeira con bo tempo. Xa non recordamos estas temperaturas; o inverno foi duro e a primavera veu disfrazada de frío e incluso neve. Así que para afacerse á nova situación e baixar do alto do armario a roupa máis fresca, nada mellor que boa festa. E diso temos aquí moitas propostas para estes días que anticipan xa a temporada do verán.

Destacamos en Rarís (Teo) a Festa da Xuventude coa actuación do grupo CICLÓN e da orquestra PANORAMA, e en Lugo, no Palacio de Feiras e Congresos, o macrofestival con cinco orquestras de Alfa3, do que xa informamos en Festa a Festa. Pero hai máis onde escoller:

VENRES DÍA 09

AIAZO – FRADES (A CORUÑA): Grupo Tekila e Orquestra Olympus

BOIMORTO (A CORUÑA): Orquestras Aché e Panamá

GOLMAR – A LARACHA: Grupo Aramio e orquestras Solara, Superfama e Trébol

LUGO: No Pazo de Feiras e Congresos, orquestras Tropicana León, Suavecito, Los Player´s, Tango e Isla (entrada gratis)

MIEITES – BOIRO (A CORUÑA): Grupo Triunfo

PADERNE (A CORUÑA): Orquestra Marbella

PADRÓN (A CORUÑA): Orquestras Philadelphia e Miramar

PARADELA (MEIS – PONTEVEDRA): Orquestras Capitol e Los Satélites

RARÍS (TEO – A CORUÑA): Grupo Ciclón e orquestra Panorama

RIBEIRA (A CORUÑA): Orquestra Cinema

VILOUCHADA – TRAZO (A CORUÑA): Orquestras Costa Oeste e París de Noia

SÁBADO DÍA 10

BOEBRE – PONTEDEUME (A CORUÑA): Orquestra Los Satelites

CORISTANCO (A CORUÑA): Orquestra Philadelphia (no pavillón)

MIEITES (BOIRO – A CORUÑA): Grupo Océano e orquestra Costa Oeste

PADRÓN (A CORUÑA): Grupo Tekila e orquestra Pontevedra

PARADELA (MEIS – PONTEVEDRA): Orquestras Solara e Paradela

SANTOMÉ DE OBRA – VILA DE CRUCES (PONTEVEDRA): Orquestras Aché e París de Noia (II Festa da Xuventude)

TUI (PONTEVEDRA): Orquestra Capitol

DOMINGO DÍA 11

CASTRELO – CAMBADOS (PONTEVEDRA): Orquestras Cinema e Jerusalén

PADRÓN (A CORUÑA): Última verbena da Pascua coa orquestra TV Nordés e o grupo La Oca

PARADELA (MEIS – PONTEVEDRA): Bolo de Pascua xigante e última verbena

TUI (PONTEVEDRA): Orquestras Los Trovadores e Trébol

LUNS DÍA 12

TUI (PONTEVEDRA): Fin de festas de San Telmo coa orquestra Los Satélites

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*