As festas máis multitudinarias de Vigo

0
425

Orquesta Panorama 2010 - cartelPanorama e Charleston Big Band cerran mañá martes as festas de Coia, en Vigo; un dos barrios máis populosos da cidade olívica

Barrio de Coia, grandes avenidas e bloques de edificios. É un barrio dos máis populosos de Vigo, e estes días está de festas.

As de Coia son unhas grandes de entre as viguesas. Cinco días de celebracións e todo tipo de actividades. No apartado de música tamén grandes orquestras. Nas festas da Consolación de Coia sempre están presentes as principais orquestras de Espectáculos Lito. Se onte actuaban COSTA OESTE e OLYMPUS, hoxe tócalles a vez a JERUSALÉN e PARÍS DE NOIA. Mañá rematarán a edición 2010 a CHARLESTON BIG BAND e mais a PANORAMA. Un gran recinto de atraccións instaladas no parque do barrio, nun entorno moi agradable, en pleno corazón da cidade, complementa o programa festivo.

E en dúas semanas outras grandes: Bouzas. En Vigo, primeira cidade galega en poboación, as festas dos barrios continúan vivas. Non podemos dicir o mesmo máis ao Norte.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*