Bouzas, unhas festas que brillan con luz propia

0
424

vigo-festas-de-bouzas-2010-cartelAta o vindeiro martes Bouzas acolle as súas festas anuais, declaradas de interese turístico

Onte comezaron as famosas festas do barrio vigués de Bouzas, por todo o alto como vén sendo habitual. Famosas polos seus fogos artificiais, dos mellores que se poden ver en Galicia, as festas do Cristo de Bouzas levaranse a cabo ata o vindeiro martes, aínda que a famosa sesión de pirotecnia se levará a cabo na fin de semana.

Serán moitas as orquestras e grupos que animarán un ano máis as celebracións: ACIREMA, AQUA, NEVADA, MARAZUL, CIUDAD DE VIGO, etc., e, como cada ano, a zona portuaria de Bouzas acolle un gran recinto de atraccións de feira. Noutra edición máis, Bouzas brilla con luz propia.

vigo-fogos-de-bouzasO domingo é o día grande das festas e lévase a cabo a gran sesión pirotécnicomusical que será retransmitida pola TVG

Podes consultar o programa completo das festas de Bozas na súa páxina web: www.viladebouzas.com

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*