Máxima presencia do grupo Master na rede

0
371

grupo-master-2010-webImaxe da web oficial de Master Band

Xa está operativa desde a semana pasada a nova web do grupo MASTER. Con esta páxina a formación musical pasa a ser unha das máis expostas na rede, xa que aínda que esta é a oficial, hai outra máis que xa presentamos no seu momento, do club de fans.

Pois non será entón por falta de información. Non hai escusa para non coñecermos máis a fondo este grupo musical que volve á palestra despois de desaparecer en 2008. Os problemas de saúde do seu mentor fixeron que aquel grupo fresco, con boa imaxe e que resolvía sempre ben as súas actuacións, non puidese continuar escribindo a súa historia nos campo de festa. Pero agora en 2010, xa superados os problemas, o grupo volve renacer disposto a ocupar o lugar que nunca debeu perder.

Na web de 2010 preséntase moi clara para que resulte fácil de consultar. Apartados directos onde poderemos achegarnos máis á nova imaxe do grupo: os novos compoñentes, actuacións, apartado multimedia, etc… Tamén destaca a súa presentación divertida e chamativa.

Novos compoñentes, páxina web, repertorio, club de fans… semella estar todo a punto para facer unha boa campaña 2010. Masterband volve ás festas coa súa filosofía de sempre: non ser o peor grupo nin o mellor, simplemente ser diferente!

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*