Teclas de ouro para a Sintonía de Vigo

0
405

sintonia-de-vigo-2009-cartelCartel promocional de Sintonía de Vigo

A orquestra SINTONÍA DE VIGO é unha das formacións musicais de verbena que pode presumir de ter os mellores músicos. Cun repertorio moi clásico e bailable e unha forma de entender a verbena tradicional e moi característica, a orquestra viguesa é unha das máis reputadas do panorama galego actual.

O pasado venres na Coruña principiou a xira 2010 con só un cambio nas súas filas: A causa da xubilación dun dos seus músicos, Rivera, o teclista da orquestra, entra a formar parte desta Modesto Pascual, un dos mellores teclistas na actualidade verbeneira e tamén coñecido polos seus arranxos para orquestras como, por exemplo, PANORAMA. O coñecido integrante do grupo AMISTAD de Vigo e un dos seus piares máis importantes forma xa parte do plantel musical de SINTONÍA DE VIGO.

A profundo cambio que se lle vai dar a AMISTAD de Vigo inclúe a saída de tres dos seus músicos, tal como informamos en Festa a Festa, dos cales dous deles continúan a formar parte doutras formacións: Pascual en SINTONÍA DE VIGO e Ezequiel Arranz no grupo TRIUNFO.

Pola súa banda, a SINTONÍA DE VIGO que comezou o pasado venres con grande éxito a súa nova temporada nas festas de San Francisco Xabier na Coruña, concretamente na parte baixa do barrio do Ventorrillo, continuará coas súas actuacións durante todo o mes para rematar o ano o día 31 na sala de festas Rosalar de Ribadeo.

Mes de Decembro/Diciembre

16

1

17

2

18

3

19 S.F. InkNarón

4 Barrio de San Fco. Javier – A Coruña

20 S.F. La Reina – SanguiñedaPorriño

5 S.F. La Concha – Narón – A Coruña

21

6 Matalobos – A Estrada – Pontevedra

22

7 Multiusos de XoveXove – Lugo

23

8 Santa Maria de XeveXeve – Pontevedra

24

9

25 S.F. Exágono – Lugo

10

26 S.F. Riomar – Playa de Samil – Vigo

11 Restaurante O Paraguas

27 S.F. PaulinoCarballiñoOurense

12 Cepeda – Pazos de Borbén – Pontevedra

28

13 S.F. Zeus – Pontedeume

29

14

30

15

31 S.F. RosalarRibadeo

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*