Especial Festas da Saleta 2009

0
373

cea-festas-da-saleta-2009-cartelComezan xa as Festas da Saleta, unha das celebracións máis arraigadas de Cea (Ourense) con máis de 100 anos de historia. Poderiamos dicir que despois do Pan de Cea e do Mosteiro de Oseira, as festas da Saleta serían un dos mellores reclamos para a zona.

Nesta edición 2009 A Saleta cumpre 101 anos. Para a ocasión a Comisión de Festas presenta un cartel interesante e sobre todo novidoso, con orquestras que non acostuman actuar nestas festas (cambio de oficina de contratación).

Despois dunha xornada de música de DJ, comezan o sábado as verbenas da man de dúas orquestras de fóra de Galicia: ARMONÍA SHOW de Canarias e IPANEMA de León. O domingo TANGO e o grupo AMÉRICA serán os encargados de amenizar a festa. E o luns, último día das festas, actuarán a orquestra LEDICIA ESPECTÁCULO de Ourense e POCEIRO, da man do gran mestre MIGUEL TORRES, noutrora a famosa voz da orquestra COMPOSTELA.

Na páxina web do concello pódese consultar o programa de festas e un apartado ESPECIAL FESTAS DA SALETA, con fotos, noticias, vídeos… desta edición e das de 2007 e 2008.

E a Comisión de Festas segue a traballar para a vindeira edición 2010. Sabemos que xa están contratadas dúas grandes orquestras para o ano que vén. Desde logo en Cea toman en serio o traballo de organizar as festas. Tamén é certo que como premio son unhas celebracións moi concorridas, que é o mellor agasallo para unha comisión de festas.

Agradecemos á Comisión de Festas de Cea que nos enviase toda a información da Saleta 2009.

orquesta-poceiro-2009-cartelorquesta-ledicia-2009-cartelAs orquestras Poceiro Big Band e Ledicia Espectáculo serán as encargadas de cerrar as Festas da Saleta 2009 en Cea

PROGRAMA COMPLETO

Venres, 18:

Festa da xuventude, Dj, Karaoke, Toro Mecánico e Futbolín Humano na Praza Maior

Sábado 19:

Festa Infantil e animacion a cargo dunha charanga pola tarde.

Baile e espectáculo coas orquestras ARMONIA SHOW E IPANEMA

Domingo, 20:

Pasarrúas e concerto a cargo da

BANDA DE MÚSICA DE MUIMENTA

Partido de futbol de CD CEA e Ponte Ourense ás 18:00 horas no Lodairo

Actuacións da Banda de Gaitas de Cea e as Pandereteiras de Cea

Espectacular noite de verbea coas orquestras TANGO E AMERICA

Luns, 21:

Pasarrúas e concertos a cargo da

BANDA DE MÚSICA DE CELANOVA

Noite de baile e música coas orquestras LEDICIA ESPECTACULO E POCEIRO con Miguel Torres

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*