O Grove celebrou o san Martiño coa Compostela e Los Satélites

0
251

Ana Iglesias, En primeiro plano Ana Iglesias, unha das voces femininas da orquestra Compostela / © roxegar

A localidade do Grove vén de celebrar con grande éxito de convocatoria a súa festa máis importante: o san Martiño. Durante a xornada do pasado mércores, día propio da festa e festivo local, houbo diversos actos como a procesión e unha degustación de callos e carne ao espeto. Pola tarde houbo filloas, magosto e sobremesas típicas… e todo gratis.

E como broche final houbo verbena, e das boas; as orquestras da axencia de Espectáculos Sito Mariño, LOS SATÉLITES e COMPOSTELA, foron as encargadas de amenizar o baile de san Martiño e despedir as festas ata o ano que vén.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*