Xa está aquí a orquestra Philadelphia 2010

0
357

Orquesta Philadelphia 2009 0004 Festa da Luz.JPGOrquestra Philadelphia 2009

Renovación tamén noutra das orquestras máis coñecidas de Galicia: a PHILADELPHIA comeza nova xira con cambios no plantel de músicos e na dianteira.

Desde a dirección da orquestra comunícannos todos os cambios que xa son efectivos, pois a orquestra comezou nesta ponte a súa nova xira 2010.

Nos músicos de PHILADELPHIA 2009 causan baixa Osier (saxo) e Julio (trombón). As novas incorporacións son Didier (percusionista) para substituír a Juan Carlos, que pasa a ocupar o lugar de Osier e Álex substituíndo a Julio. Didier procede de COSTA OESTE e Álex é cubano aínda que vén de Asturias para incorporarse á nova formación.

Na dianteira hai dous cambios importantes: permanecen David Balboa e a gran Natalia Méndez e causan baixa Yenina Alonso (que xa está actuando con JERUSALÉN) e Óscar Parente, que en principio vai tomar unha temporada de descanso para levar a cabo outras actividades persoais. As novas incorporacións son María (procedente de MARBELLA) e Elier (procedente da orquestra PASSARELA).

A finais de ano a orquestra abrirá a súa nova páxina web (non antes do día 20) con novos contidos e tamén nos anuncian cambios no repertorio.

Desde a dirección da orquestra adiántannos cambios no repertorio “para facelo máis bailable, preparándonos así para a temporada de inverno nas salas de festas, incorporando novos pasodobles, cumbias e mexicanas, que era algo que estaba pendente”.

A nova PHILADELPHIA 2010 xa está en ruta. Vala perder?

Orquesta Philadelphia 2009 0013 Festa da Luz.JPG

Orquesta Philadelphia 2009 0010 Festa da Luz.JPG

Os carismáticos Natalia Méndez e David Balboa continúan na orquestra Philadelphia xunto coas novas incorporacións Elier (ex Passarela), e María (ex Marbella) / © fotografías de roxegar

Sen comentarios

  1. A PHILADELPHIAAAAAAA unha das mellores orquestas de Galiza, tanto ten os cambios que fagan ano tras ano. Esta orquesta sempre está arriba. Esa Natalia!!!!! Pequena pero grande!!!!!!!!! E David Balboa, quen o viu en París e quen o ve agora!!!

  2. Eo estiven vendos o domingo en Exagono, e estiveron impresionantes, a xente nova vese moi integrada, notase que traballaron moito no ensaio.

  3. DE LO MEJOR QUE HAY EN LA VERBENA, Y LO MEJOR QUE TIENEN APARTE DE SER GRANDES PROFESIONALES ES QUE SON MUUUUY BUENA GENTE, EMPEZANDO POR MI NIÑA NATI Y COMPOTA… MUCHA SUERTE!!!!!!

  4. Son buenisimos, aunque no se les reconozca. Yo soy seguidora de otra orquesta(no digo cual) y muchos fans de mi orquesta hablaban pestes de Philadelphia, pero el año pasado las dos veces que coincidieron estando yo, no solo me parecio buena la phila, es que creo que nos dieron un repaso, sobre todo en la segunda parte.

    • OLa Chispilla e Marga. Eu creo que o erro está en cambiar demasiado de músicos e cantantes. A ver se se asenta e tira para arriba. Creo que estes últimos 3 anos foi cada vez a máis e Natalia xa leva un tempo, á parte de ser boísima para o meu gusto. A xente que viu a orquestra este ano fala moi ben. Saúdos!!!

  5. YO CREO QUE EN UNA ORQUESTA CUENTA MUCHISIMO QUE SEAN PROFESIONALES PERO ADEMAS EL FEELING QUE PUEDEN TRANSMITIR ENTRE ELLOS CARA EL PUBLICO ES MUY IMPORTANTE… Y PHILADELPHI LO TIENE… ASI QUE AHORA QUE PANORAMA SE VA DE VACACIONES TODOS A VER PHILADELPHIA.. QUE SE LO MERECEN Y SON GRANDES AMIGOS!!! UN BESO ROXEGAR.

Deixa unha resposta


*