Nova web para a Charleston Big Band 2010

0
209

orquesta-charleston-big-band-2010-presentacion-webPresentación da nova páxina web da orquestra Charleston Big Band de Padrón

A orquestra padronesa CHARLESTON BIG BAND acaba de comezar o que será a súa xira 2010 e presenta a súa nova web para seguir na rede a orquestra a través de vídeos e fotografías ou informarse do calendario de actuacións entre outras cousas.

A nova web presenta novo deseño moito máis atractivo que a pasada páxina, libre de publicidade e cos apartados máis completos. O anterior blog da orquestra pasa a integrarse na nova páxina como apartado de noticias e outros apartados xa clásicos na páxina, como o multimedia, están moito máis completos. No apartado de vídeos enlaza directamente coa conta de YouTube da orquestra onde se poden ver moitos vídeos da CHARLESTON en temporadas pasadas. Tamén o apartado de fotografías se presenta moi ordenado, por datas e lugares de actuación, moito máis directo e onde se pode ver unha completa colección de tomas da orquestra desta pasada temporada e doutras anteriores que se irá completando a medida que vaia transcorrendo a nova xira.

No novo libro de visitas pódense subir imaxes e no apartado de historia pódese ver un completo resumo destes 25 anos de historia da orquestra máis famosa de Padrón.

Compoñentes, calendario ou enlaces (onde aparecen accesos a outras páxinas de interese como as webs dos cantantes Fran Pahino, Rita Barreiro e Sergio Corral, a páxina de Espectáculos Lito -axencia coa que traballa a CHARLESTON- e outras webs e blogs sobre orquestras e festas: Pasión Orquestas, Galicia en Festas, Orquestas by Santos 5c e Festa a Festa) completan os apartados da nova páxina da CHARLESTON BIG BAND.

Con respecto dos músicos, o único cambio que presenta a orquestra para 2010 é o do guitarrista José Cao. O novo compoñente é Ramón Raindo, fundador do grupo A banda de Balbina, creador de temas como Estomballada ou O fillo do mar e gañador do A Polo Ghit 2009.

Pero aquí non rematan os cambios e as sorpresas da CHARLESTON BIG BAND para 2010. Permanece atento a este blog, á páxina da orquestra e ás actuacións en directo porque haberá sorpresas… CHARLESTON BIG BAND este ano marcará a diferenza.

orquesta-charleston-big-band-2009-festa-guadalupe-rianxoUnha das fotografías que se poden ver no apartado multimedia de Charleston Big Band. Nas festas da Guadalupe de Rianxo, pasando xa das dúas da mañá, as tres orquestras tocan a Rianxeira co público portando as tradicionais bengalas. Desde o escenario da Charleston en primeiro plano Fran Pahino, cantante, e en fronte o escenario cos integrantes da Costa Oeste. Máis atrás outro escenario, neste caso o de Océano. As bengalas inundan a noite máis importante en Rianxo.

_______________________________________________________________________

Agradecemos a CHARLESTON BIG BAND que contase con Festa a Festa, igual que fixera xa na páxina anterior, no seu apartado de enlaces.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*