As Somozas: única oportunidade de ver “as tres” xuntas nunha verbena

0
148

paris-de-noia-2009-cartel4París de Noia, Panorama e Olympus hoxe xuntas nas Somozas. En principio non hai festas programadas en agosto coas tres xuntas na mesma noite.

Comezan hoxe as festas nas Somozas (A Coruña), unha localidade preto das Pontes que é moi famosa polas grandes festas que organiza. O concello das Somozas non chega aos 2000 habitantes, polo que o mérito é maior.

Este ano será, salvo sorpresas de última hora na confección dos carteis de agosto, a única cita na que se poderán ver xuntas na mesma noite as consideradas tres mellores orquestras de Galicia pola maioría dos festeiros: PARÍS, PANORAMA e OLYMPUS hoxe nas Somozas.

E é que este ano a outra gran cita de agosto na que se podían ver as tres xuntas non conta coa  PARÍS. Nas festas da Fervenza (Mazaricos) o próximo 8 de agosto estarán presentes a PANORAMA e mais a OLYMPUS pero non PARÍS DE NOIA, que actuará ese día nas festas de Vimianzo. O seu lugar será ocupado pola orquestra VENEZIA.

Presumimos unha baixada no presuposto das festas da Fervenza, como vén sendo habitual en todas as citas festeiras de Galicia. Nas Somozas estarán presentes as tres grandes orquestras pero prescíndese dun gran concerto como o do ano pasado no que actuou PAULINA RUBIO competindo o mesmo día co concerto nas Pontes de Marta Sánchez.

Nas Somozas este ano apostan polas grandes orquestras. Hoxe PARÍS DE NOIA, PANORAMA e OLYMPUS. Mañá sábado outras dúas grandes, SINTONÍA DE VIGO e EL COMBO DOMINICANO. E para rematar a grande orquestra GRAN PARADA cerrará as tres xornadas festivas nas Somozas. Segue sendo un moi bo cartel  a pesar dos recortes.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*