Cambios importantes no grupo Springfield de Santiago

0
158

grupo-springfield-2009-foto-vero-sabelVero Sabel, vocalista de Springfield: “Esta temporada queremos darlle un toque máis xuvenil ao grupo”

O grupo compostelán SPRINGFIELD traballa duro no que será a súa nova temporada 2010. Anúncianse algúns cambios nos vocalistas masculinos pero o groso do grupo permanece sen alteracións: na batería Rebe, nos teclados Beni e Santi (este último tamén voz do grupo) e Vero como voz feminina.

Nas voces masculinas abandona Juanma para integrarse no grupo ATENAS e entran Jorge Villar e Miguel Vázquez, este último procedente do grupo TROCO de Ponteceso (e tamén ex COSTAMAR).

SPRINGFIELD caracterízase por ser un grupo que traballa de forma independente, sen estar atado a ningunha axencia; ou polo menos así foi nas dúas temporadas pasadas, porque teñen algunha proposta aínda que sen confirmar ningunha delas. O grupo está a traballar tamén no que será a páxina web de SPRINGFIELD e pronto poderemos acceder a ela.

E en canto ao estilo que impera na formación musical, en palabras de Vero Sabel, vocalista, “esta temporada queremos darlle un toque máis xuvenil ao grupo do que viña sendo ata agora”, e deseguro que o conseguirán.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*