As San Lucas de Mondoñedo 2009

0
355

mondonedo-as-san-lucas-2009-cartel

Pódese dicir que en Mondoñedo comezan e rematan as temporadas de festas. Se a comezos de temporada, co permiso da Pascua de Padrón e as numerosas Festas da Xuventude, se celebran As Quendas de Mondoñedo, ao final de ano, xusto despois do San Froilán, teñen lugar as outras festas mindonienses: As San Lucas.

O cartel é verdadeiramente atractivo, con orquestras e grupos de renome e o melloriño da axencia Espectáculos Lito. Desde a PARÍS DE NOIA ou a ORQUESTRA TV NORDÉS, pasando por ABANICO, FANIA BLANCO SHOW ou NOCHE DE ESTRELLAS, ata chegar a CINEMA, OLYMPUS ou PANORAMA. Tamén actuará o grupo asturiano TEKILA.

Ademais das verbenas, haberá un concerto con grupos que tributan a outras formacións moi consolidadas e míticas en moitos casos, como BLACK DOG, RIFF-RAFF ou os BROTHERS IN BAND, dos cales falamos neste blog a pasada semana.

Mondoñedo pode presumir de ter dúas festas das máis consolidadas e antigas de Galicia, As Quendas e As San Lucas, e o cartel deste ano non desmerece en absoluto. Comezan as celebracións ata o día 20. Quedan por diante cinco días de festa, e da boa.

mondonedo-as-san-lucas-2009-cartel-orquestrasPodes consultar o programa completo das San Lucas de Mondoñedo.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*