Unha semana de festas en Ourense

0
375

ourense-patronais-2010-cartel

As celebracións máis importantes da cidade de Ourense comezan xa, e terán lugar durante toda a semana que vén. De domingo a domingo a cidade das Burgas vístese de festa un ano máis.

Son moitos os actos lúdicos preparados para estes oito días de festa rachada. As verbenas e atraccións de feira tamén teñen o seu lugar en Ourense. As primeiras levaranse a cabo na praza Maior e as segundas estarán instaladas este ano, despois de andar con elas dun lado para outro en cada edición, nos xardíns Bispo Cesáreo e na Alameda do Concello.

Ofrecemos unha listaxe cos actos máis salientables para os vindeiros días. Oito xornadas de explosión festeira polas rúas ourensás.

– Mostra de teatro na rúa.

– Música HIP HOP.

– Espectáculo de NOVA GALEGA DE DANZA.

– Casetas gastronómicas.

– Carpa de música HOUSE.

– Obradoiros na rúa.

– Batalla de flores.

– Espectáculos pirotécnicos.

– Cinema.

– Músicas do mundo.

– Música de bandas.

– Espazo POP ROCK.

– Bailes latinos.

– Xogos populares.

– Ópera.

– Danza oriental.

– Xira galega de karting.

– Campionato de futbolín.

– Festas infantís.

– Música de DJs.

– Recinto de atraccións de feira.

– Verbenas.

– Concertos: BERROGÜETTO, KRISS ISAAK, MACACO, PEREZA, OS ANAIS, KIKO VENENO, BEBE, FUXAN OS VENTOS…

Para consultar o programa completo das festas de Ourense, visitar a páxina web do concello. Pódese desgargar en PDF.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*